Regulamento de Velocistas
- Revisión 2 (2018): vixente dende OSHWDem 2018
Obxectivo
Un robot participa para ser o máis veloz dun circuito. Cada robot ten dous
intentos para completar o percorrido e terase en conta para a clasificación
únicamente o menor dos seus tempos. Cada intento constará de tres voltas ao
circuito. O regulamento detállase a continuación.
Zona de competición
- A zona de competición será un espazo que consiste nunha lona branca cun
trazado sobre a mesma.
- Entre o borde exterior da lona e o trazado haberá unha marxe libre de
obstáculos de polo menos 10 cm.
- Esta zona de competición é de uso exclusivo dos xuíces e os construtores de
cada equipo, que deberán situar o robot no circuito ao comienzo da competición
debendo retirarse acto seguido da zona de competición.
- A zona de competición pode presentar pequenas irregularidades debidas á
naturaleza da mesma, que trataranse de minimizar na medida do posible.
Trazado
- O trazado ou percorrido do circuíto é pechado, os puntos de saída e chegada
son o mesmo.
- O trazado será de cor negra. Terá unha lonxitude aproximada de entre
8 e 10 metros, cun ancho de liña de 20 milímetros e servirá como guía de
navegación para os robots.
- O trazado inclúe rectas e curvas de diferentes radios.
- O radio mínimo de curva é de 40 centímetros.
- Os sensores utilizados nos robots para detectar a pista deberán poder
configurarse in-situ para evitar posibles variacións nas magnitudes absolutas
dos seus parámetros posto que a pista poderá estar iluminada con diferentes
niveis de intensidade luminosa.
Regulamentación para os robots
- A masa total dos robots debe ser inferior a 2000 gramos e as súas dimensións
non deben superar a superficie dun folio tamaño A4 (210 x 297 mm), e cunha
altura máxima de 130 milímetros.
- O funcionamento do robot debe ser completamente autónomo unha vez dea comezo o
seu percorrido. Pódese utilizar calquer método de control, sempre e cando
estea integrado enteiramente no robot e non reciba sinais o indicacións
externas de calquera tipo.
- As rodas dos robots no deben tener ningunha substancia pegañenta e/ou que dane
ou ensucie a pista.
- As rodas dos robots poden conter substancias adherentes, limitándose unicamente a aquelas destinadas específicamente ó modelismo ou slot. Cualquer exceso de adherente que ensucie a pista, invalidará o intento para o robot. O xuíz realizará comprobacións, previas a cada intento, sobre un folio branco que no poderá quedar pegado nas rodas do robot nin deixar rastros de suciedade.
- O robot pode aprender ou memorizar o trazado do circuito de xeito autónomo
unha vez comeza a competición. Non se permite aprender o memorizar o circuito
nin programar as súas dimensións nas fases previas á competición ou durante as
fases de proba do circuíto.
- Non se poderá reprogramar ou modificar o firmware do robot unha vez dea comezo
a competición. Si será posible realizar pequenos axustes no hardware sempre
nun tempo inferior a 20 segundos (baterías, potenciómetros, axuste de
sensores).
- Os robots deben funcionar únicamente coa enerxía proporcionada por pilas ou
baterías eléctricas integradas no propio robot.
Desenvolvemento da proba e puntuación
- Tódolos robots deberán presentarse para a súa verificación á hora de comezo
da proba.
- Os robots competirán en estrito orde de inscripión.
- Cada robot terá dous intentos para completar a proba e contará para a
clasificación únicamente o menor dos tempos. Cada intento consistirá en tres
voltas completas ó circuito e sen pausa entre elas.
- O inicio de cada intento, o robot deberá situar a sua parte máis adiantada na
posición de saída sen sobrepasar esta.
- O cronómetro de tempo pórase en marcha co primeiro movemento do robot e
deterase ao finalizar a terceira volta.
- O robot que salte parte do percorrido e non siga a liña perderá ese intento e
non será contabilizado o seu tempo.
- Os tres robots gañadores serán os que obteñan, por orde, os tres mellores
tempos da clasificación.
Xuíces
Na sala haberá en todo momento unha persoa identificada como “xuíz principal” e será a
encargada de comunicar calquera decisión final con respecto ao desenvolvemento da
competición e interpretación das normas.
Outras persoas poden estar identificadas como “xuíz asistente” e axudarán ao xuíz principal
nas tarefas que teña delegadas.
O participante sempre se debe dirixir ao xuíz principal para calquera reclamación ou
aclaración das normas. Entón, se o xuíz principal o estima oportuno, pode redirixir ao
participante a un xuíz asistente.
As decisións finais sempre as tomará o xuíz principal.
Recursos de interese
Esta obra está baixo unha licenza de Creative Commons Recoñecemento 4.0 Internacional (CC-BY).
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons Recoñecemento 4.0 Internacional.