Somos conscientes de que en realidade esta competición é de cacharros móbiles teleoperados de combate e non son propiamente Robots, pero chamarémolos así para facelo máis curto ;)
Este regulamento ten a intención de fomentar a competición xusta e asegurar a máxima seguridade posible. Pero tamén queremos que haxa o maior número de participantes, polo que che animamos a competir. No caso de calquera dúbida non dubides en poñerche en contacto connosco no correo info@oshwdem.org
Dous robots teleoperados combaten coas súas armas entre si nun recinto pechado loitando por ser o robot máis forte e mellor deseñado. A pericia dos seus construtores e operadores poñerase en xogo para atopar o mellor robot de combate do evento.
Aínda que non é indispensable, recomendámosche que nos avises por correo electrónico se vas participar na competición, así poderemos dimensionar mellor o evento, horarios, zonas de traballo, etc. O día do evento con toda a antelación posible ponche en contacto coa organización para saber os horarios de inspección de seguridade e combate. A organización pode pedirche colocar unha micro cámara (da organización) ao teu robot para ter vídeo en primeira persoa do combate. Esta opción é de carácter voluntario e non se contará como peso do robot.
(2.1) Área de combate. A área de combate é un espazo con base cadrada de 130cm x 130cm, completamente pechada mediante paredes de policarbonato, cunha altura de 70cm.
(2.2) Duración do combate. A duración do combate é de 2 minutos.
(2.3) A trapela da arena de combate abrirase 30 segundos despois do comezo do combate.
(2.4) Cualquera robot que caia dentro do hoco da trapela oe estea inmovilizado na apertura será considerado incapacitado. Se cae dentro do hoco deberá dehabilitar as suas armas e cesar por completo o movemento.
(2.5) Se ambos robots caen dentro do hoco da trapela simultáneamente, o robot que primeiro atravese o plano da abertura será considerado o primeiro incapacitado. Se non é obvio qué robot atravesou primeiro, a decisión será tomada polos xuíces.
(2.6) Os construtores dos robots son los responsables de retiralos do hoco da trapela unha vez terminado o combate salvo que o xuiz diga o contrario.
(2.7) No caso de que un robot quede atrapado enrriba das paredes protectoras da arena ou entre éstas e as exteriores será declarado KO e deberá deshabilitar a súa arma. Esta regra é para evitar riscos da seguridade do público e competidores.
(2.8) Frecuencia de combates. Dispoñerase de polo menos 20 minutos entre combates para o mesmo robot. Aínda que recomendamos que posúas dúas baterías para que, no caso de non ter que facer reparacións no robot, póidase axilizar a frecuencia dos combates.
(2.9) Desenganches. O combate pararase no caso de que os robots queden enganchados entre si máis de 10 segundos para separalos.
10 (2.10) Agarres ou levantamentos. Os robots poden realizar agarres ou levantamentos, pero non máis de 10 segundos. No caso de non obedecer a orde do árbitro de soltar ou cesar o levantamento (sempre que os robots non estean enganchados) o robot que realiza o agarre ou levantamento será declarado perdedor.
(2.11) Retirada. Permítese a retirada no medio do combate. O operador indicarao usando o seu pulsador e o combate pararase instantaneamente. O robot opoñente gañará o combate automaticamente.
(2.12) KO. No caso de que un robot cesase o seu movemento de maneira controlada, o árbitro comezará unha conta atrás de 10 segundos. No caso de que neste tempo non sexa capaz de demostrar un movemento traslacional será declarado perdedor por KO. Enténdese como movemento traslacional controlado, o conxunto de movementos que permitan que o robot siga unha traxectoria lineal.
(2.7.1) Se durante a conta atrás o robot demostra movemento traslacional controlado, ou no caso de que o robot opoñente ataque, pararase a conta atrás e seguirá o combate. Isto quere dicir que a un robot “parado” non se lle fará conta atrás se o seu opoñente segue atacando, e o combate non terminará a non ser que se acabe o tempo de combate ou o robot “parado” retírese.
(2.7.2) A un robot cun lado do seu sistema de movemento parado non se lle realizará a conta atrás se demostra movemento traslacional controlado.
(2.7.3) No caso dun KO simultáneo, colocarase os robots na súa orientación orixinal e:
(2.7.4) Se a batería dun robot vese exposta o árbitro pode decidir declarar un KO técnico por seguridade.
(2.13) Tipo de eliminación. O día do evento e segundo o número de participantes, a organización decidirá o tipo de eliminatoria, entre as que se atopan:
(4.1) Proporcionarase unha zona de preparación e reparación para os participantes na competición, dentro das posibilidades do espazo, Esta área estará dispoñible durante os combates e nos intermedios para o uso exclusivo dos participantes.
(4.2) Nesta área proporcionarase unha toma de corrente por cada participante, se necesitas mais enchufes recomendámosche que traias unha regleta.
(4.3) Non se dispoñerá de ningunha ferramenta, polo que terás que traerche as túas. Se che falta algunha, non dubides en pedila aos teus compañeiros ou á organización, faremos todo o posible dentro das nosas posibilidades.
(4.4) Actúa con seguridade, é indispensable. Non se permite a activación de armas dentro da área de preparación, se o necesitas fala coa organización. Mentres cargues as túas baterías non as deixes desatendidas en ningún momento.
(5.1) Activación de robots. Seguirase o seguinte procedemento
(5.2) Proba de mobilidade e comezo do combate
(5.2.1) Cando a área de combate péchase, disponse de 20 segundos para probar o funcionamento da arma e movementos do robot, mentres se sitúa o robot na súa posición de comezo.
(5.2.2) O árbitro preguntará aos participantes se están listos, e cando os dous acepten comezará o combate.
(5.3) Final do combate
(5.3.1) Unha vez o árbitro dea por terminado o combate os robots deben pararse e desenergizar as súas armas, posteriormente deberán volver ás súas posicións de inicio.
(5.3.2) Os xuíces poden pedir que se demostre o funcionamento do movemento do robot e/ou a súa arma.
(5.4) Desactivación dos robots
En caso de emerxencia (por exemplo robots en chamas) o procedemento de desactivación non se aplica. A continuación téntase describir o procedemento de emerxencia das posibles situacións.
(6.1) Un ou máis robots se descontrolan
(6.2) Un robot en chamas e o outro móbil
(6.3) Un robot en chamas e o outro inmóbil
(6.4) Os dous robots en chamas
(7.1) As condutas non deportivas inclúen pero non se limitan a:
(7.2) No primeiro incidente de conduta non deportiva recibirase unha advertencia.
(7.3) No segundo incidente a persoa responsable perderá automaticamente o combate.
(7.4) No caso dunha clara intencionalidade de conduta non deportiva o operador de robot será descualificado para todo o evento.
Na sala haberá en todo momento unha persoa identificada como “xuíz principal” e será a encargada de comunicar calquera decisión final con respecto ao desenvolvemento da cometición e interpretación das normas.
Outras persoas poden estar identificadas como “xuíz asistente” e axudarán ao xuíz principal nas tarefas que teña delegadas.
O participante sempre se debe dirixir ao xuíz principal para calquera reclamación ou aclaración das normas. Entón, se o xuíz principal estímao oportuno, pode redirixir ao participante a un xuíz asistente.
As decisións finais sempre as toma o xuíz principal.
(1.1) Todos os participantes constrúen e operan os robots baixo o seu propio risco. Os combates de robots son inherentemente perigosos. Non hai regulación que pode abarcar todos os perigos involucrados. Por favor, ten coidado de non facerche dano a ti mesmo ou a outros na construión, probas e competición.
(1.2) Se tes un deseño do robot ou unha arma que non encaixa dentro das categorías establecidas no presente regulamento ou é dalgunha maneira ambigua ou está no límite, por favor ponche en contacto coa organización deste evento. Animamos á innovación segura, pero se sorprendes ao persoal do evento explotando unha lagoa das regras, o teu robot pode ser descualificado antes de que poida competir.
(1.3) O evento terá inspeccións de seguridade. Estas inspeccións teñen potestade para permitir ou impedir a participación no evento. Como construtor estás obrigado a revelar todos os principios de funcionamento e os perigos potenciais ao persoal de inspección.
(1.4) Regras indispensables de seguridade: O incumprimento de calquera das seguintes regras pode resultar na expulsión ou peor aínda, en lesións.
(1.4.1) Os transmisores ou emisoras de control non poden ser activadas en ou preto do evento para calquera propósito sen obter o permiso explícito da organización.
(1.4.2) A activación e desactivación adecuada dos robots é crítica. Os robots só deben ser activados dentro do espazo de combate, nas áreas de proba, ou co consentimento expreso da organización.
(1.4.3) Todos os robots deben ser capaces de ser TOTALMENTE desactivados, o que inclúe movemento e armamento, en menos de 60 segundos mediante desconexión manual.
(1.4.4) Todos os robots que non estean nun espazo ou área oficial da proba deben ser elevados ou bloqueados de maneira que as rodas non poidan causar movemento se o robot acéndese. Os robots fóra de control son moi perigosos.
(1.4.5) Bloqueo de dispositivos móbiles: As armas que poidan causar danos ou lesións deben ter un dispositivo de bloqueo claramente visible instalado en todo momento cando non estea na área de combate. Os dispositivos de bloqueo deben estar pintados en laranxa neón ou outra cor de alta visibilidade. Os dispositivos de bloqueo deben ser capaces de parar, deter ou previr o movemento perigoso da arma.
(1.4.6) Os pasadores de seguridade das armas deben estar no seu lugar cando se aplica enerxía ao robot durante o procedemento de aceso.
(1.4.7) Espérase que todos os construtores sigan prácticas básicas de seguridade durante os traballos nos robots na área de probas. Por favor, permanece alerta e consciente dos teus veciños na área de probas e coa xente que pasa.
(2.1) O peso máximo dos robots é de 454g. Este peso está baseado na categoría dunha Libra. Unha das categorías máis estándar mundialmente dentro deste tipo de competicións.
(2.2) Non hai límite de tamaño sempre que o robot poida ser introducido na área de combate.
Todos os robots deben ter mobilidade facilmente observable e controlada para poder competir. As categorías de movemento son as seguintes:
Os saltos están permitidos. Non se permite que o robot voe por ningún método.
(4.1) Os robots deben ser radiocontrolados, ou usar un sistema aprobado como o descrito no punto 4.3.3. A frecuencia permitida é 2.4Ghz.
(4.2) Non está permitido o control que non sexa inalámbrico.
(4.3) Restricións do sistema de radio:
(4.4) Non é obrigatorio usar interruptores de alimentación separados para o receptor da radio, pero é recomendable.
Non se permite que o robot realice accións de maneira automática.
6.1. Só se permiten baterías que non derramen ou rocíen calquera dos seus contidos cando se danen ou se invistan. As baterías permitidas son: NiCad, NiMH, pilas secas, AGM, Li lon ou LiPo.
6.2. As voltaxes no robot non deberán superar os 48 Vcc, se os superas ponche en contacto coa organización.
6.3. Toda a enerxía eléctrica que accione armas debe poder desconectarse de maneira manual (interruptor ou conexión extraíble). É obrigatorio o uso dun interruptor mecánico.
6.4. Debe facerse todo o posible para impedir que os terminais da batería se cortocircuiten e causen o incendio da batería.
6.5. Todos os robots teñen que ter unha luz claramente visible que indique que a batería principal está conectada.
(7.1) Exemplos de sistemas pneumáticos:
(7.2) Se o teu robot posúe mecanismos pneumáticos ponche en contacto coa organización para precualificar o teu robot antes do evento.
(7.3) Os sistemas pneumáticos só poden conter gases non inflamables e non reactivos (CO2, Nitróxeno e aire comprimido son os máis comúns).
(7.4) Debes ter unha forma segura de enchelo.
(7.5) Todos os compoñentes deben estar montados dunha maneira segura no robot, prestando especial atención ás válvulas e á armadura, co fin de que non se danen.
Se o teu robot posúe mecanismos hidráulicos ponche en contacto coa organización para precualificar o teu robot antes do evento.
Os motores de combustión interna non están permitidos neste evento.
(10.1) Calquera volante ou dispositivo similar de almacenamento de enerxía cinética non se debe activar de forma algunha fose da área de combate.
(10.2) Todos os resortes, volantes, e dispositivos de almacenamento de enerxía cinética ou similares deben volver a unha posición segura ante a perda de contacto por radio ou alimentación do robot en menos de 60 segundos.
As seguintes armas e materiais están absolutamente prohibidos:
(11.1) As armas destinadas a causar dano invisible ao outro robot. Isto inclúe pero non se limita a:
(11.2) As armas que requiren limpeza significativa ou danos á área de combate e que require reparación para os seguintes encontros. Isto inclúe pero non se limita a:
(11.3) Proxectís.
(11.4) A calor, lume e explosións están prohibidos como armas. Isto inclúe, pero non se limita ao seguinte:
(11.5) As armas luminosas ou de fume que prexudiquen a visualización dos robots polos participantes, xuíces ou espectadores. Isto inclúe, pero non se limita ao seguinte:
(11.6) Os materiais perigosos teñen prohibido o seu uso en calquera lugar do robot no que poidan entrar en contacto cos seres humanos.
Regulamentación baseada en:
SPARC Standarized Procedures for the Advancement of Robotic Combat
RoboGames: http://robogames.net/rules/combat.php
Esta obra está baixo unha licenza de Creative Commons Recoñecemento 4.0 Internacional.